Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX: de Galicia aos teatros de Europa, América e África

Autores

M. Carmen Fernández Morante
Francisco Javier Garbayo Montabes
María del Carmen Lorenzo Vizcaíno
##semicolon## educación musical, cantantes líricas galegas, música galega, éxodo migratorio, séculos XIX-XX

Resumo

Durante séculos, as mulleres foron protagonistas silenciadas na historia da música. En Galicia, esta invisibilización vese agravada pola escasa documentación colleitada e traballada ata o momento, pola falta de recoñecemento institucional e pola limitada presenza de figuras femininas nos relatos oficiais da historiografía musical. A exposición Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e África ‒que decorreu no Colexio de Fonseca entre o 4 de outubro e o 16 de novembro de 2024 e viaxou logo (abril-maio de 2025) ao Centro Galego de Lisboa‒ naceu como resposta a esta omisión histórica. O evento e este libro derivado do mesmo recuperan a memoria e poñen en valor a dimensión vital e profesional de vintetrés mulleres extraordinarias, emprendedoras, valentes e protagonistas de éxitos internacionais, que, coa conquista de infinidade de escenarios, contribuíron de forma decisiva á proxección cultural de Galicia moi para alén das súas fronteiras.

Cuberta para Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX: de Galicia aos teatros de Europa, América e África
Publicado
March 23, 2026

Detalles sobre os formatos de publicación dispoñibles: En papel

En papel
ISBN-13 (15)
979-13-88118-00-5
Propietario (01)
OP/557
Fecha de anuncio para el sector (10)
2026-03-23
Calendario de Hijri
Dimensións físicas
210mmx210mmx12mm

Detalles sobre os formatos de publicación dispoñibles: Pdf

Pdf
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/op.2026.1950
Propietario (01)
OP/557A
Identificador para Xebook (99)
DX1103763947
Fecha de anuncio para el sector (10)
2026-03-23
Calendario de Hijri