Reinas e infantas en los reinos medievales ibéricos: contribuciones para su estudio, Actas del Congreso Internacional, Santiago de Compostela, 21-23 de mayo de 2014
Resumo
A presente obra recolle boa parte das comunicacións presentadas no Congreso Internacional Reinas e Infantas en los Reinos Medievales Ibéricos, celebrado do 21 ao 23 de maio do 2014 en Santiago de Compostela. Partindo de distintas metodoloxías e atendendo a diversas temáticas, as autoras e autores presentes neste volume abordan cuestións históricas, artísticas, literarias, paleográficas e historiográficas que teñen en común destacar o papel das mulleres nas monarquías cristiás dos distintos reinos ibéricos durante a Idade Media. O obxectivo non é outro que contribuír a unha reflexión crítica sobre as relacións das mulleres co poder e animar a que tanto os investigadores noveis como os xa consagrados incorporen as cuestións de xénero ao seu quefacer investigador.